Nas rúas adxacentes ás principais, tamén haberá cortes de tráfico. No resto, o acceso está restrinxido a transporte urbano, residentes e aparcadoiros.
A partir das 16:30, as rúas principais do centro péchanse: Policarpo Sanz, García Barbón, Colón e Urzaiz e adxacentes.
MAPA: Policarpo Sanz, García Barbón (entre Colón e República Arxentina), Colón e Urzáiz (ata Gran Vía) e todas as rúas adxacentes.
Ás 17:00 amplíanse os cortes en máis rúas da contorna. Déixoche aquí o mapa.
Doutor Cadaval desde a rúa López de Neira.
Reconquista, entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz.
Colón.
Urzáiz, entre Colón e Lepanto (excepto bus urbano descendente).
Gran Vía ascendente dende Urzáiz ata María Berdiales (excepto bus urbano ascendente).
Urzáiz descendente entre Vázquez Varela e Lepanto (excepto bus urbano descendente).
Acceso dende Cánovas del Castillo cara ao centro.
Areal, entre Pontevedra e República Arxentina.