Tui está en alerta vermella ao superar os 21 novos casos nos últimos 7 días

Seguen en vigor as medidas restritivas establecidas pola Xunta, que entraron en vigor o sábado 7 de novembro.

𝐄𝐱𝐜𝐞𝐩𝐜𝐢ó𝐧𝐬 𝐚𝐨 𝐩𝐞𝐜𝐡𝐞 𝐩𝐞𝐫𝐢𝐦𝐞𝐭𝐫𝐚𝐥 a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios. b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais. c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil. d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar. e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables. f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes. g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais. h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables. i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables. j) Por causa de forza maior ou situación de necesidade. k) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada. Sí estará permitida a circulación en tránsito no termo municipal.
Léarscáil: Concello de Tui Foinse: Concello de Tui Íoslódáil na sonraí